Doprava zadarmo s Packetou nad 59.99 €
Pošta 4.49 SPS 4.99 Packeta kurýr 4.99 Packeta 2.99 SPS Parcel Shop 2.99

Quero ser investigadora 2.

Jazyk GalícijčinaGalícijčina
Kniha Krúžková
Un ano máis, a Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo aposta por most... Celý popis
? points 13 b
5.42
50 % šanca Prehľadáme celý svet Kedy knihu dostanem?

30 dní na vrátenie tovaru

Un ano máis, a Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo aposta por mostrarlle á mocidade que moi preto da súa casa existen mulleres investigadoras que están a realizar un traballo de grande importancia para todas e todos. Volvemos difundir a historia de dez novas referentes, dez mulleres, dez investigadoras, dez nenas que quixeron dedicarse ao que máis lles gusta: achegar novos coñecementos sobre a súa área de traballo que axuden a sociedade a avanzar cara a un futuro mellor. A nosa intención segue a ser a mesma: valorar e visibilizar mulleres científicas contemporáneas, pioneiras en moitos casos, e espertar a vocación investigadora entre os máis cativos e cativas, que terán figuras femininas da súa contorna como referencia. O deporte, a arqueoloxía, a lingua, a física, a paleontoloxía etc., son as áreas nas que traballan estas investigadoras, que contan a súa historia, os seus avances e as súas aspiracións nesta pequena publicación para que moitas nenas poidan verse reflectidas e, así, se animen a encamiñar os seus estudos cara á investigación. Unha nena que soñaba con ir ao espazo, outra que ía a escavacións co seu pai ou unha pequena aventureira?, pero todas cunha marca común: a curiosidade e a determinación. Todas buscan saber máis, descubrir cousas novas e non dubidan en loitar por facer o que lles gusta. Iso é o que queremos que fagan as nenas e nenos que lean estas historias. Desta forma, a Universidade de Vigo quere valorar a investigación en feminino e, a través destes relatos, formar parte das vivencias e das ansias da mocidade. Así, promoverá que as novas xeracións teñan novos intereses, grandes soños e, sobre todo, se inspiren en persoas que forman parte desta institución para que nun futuro elas e eles se poidan converter en investigadoras e investigadores. Achegádevos a estes pequenos contos, vivide con elas as súas experiencias e, sobre todo, aprendede moito, porque o avance do coñecemento e a mellora da nosa sociedade depende en gran medida de que as nenas e nenos de agora queiran ser as científicas e científicos do futuro. E ti, queres ser investigadora?.

Informácie o knihe

Celý názov Quero ser investigadora 2.
Jazyk Galícijčina
Väzba Kniha - Krúžková
Dátum vydania 2022
Počet strán 94
EAN 9788481589306
Libristo kód 42477304
Rozmery 200 x 200
Darujte túto knihu ešte dnes
Je to jednoduché
1 Pridajte knihu do košíka a vyberte možnosť doručiť ako darček 2 Obratom Vám zašleme poukaz 3 Knihu zašleme na adresu obdarovaného

Prihlásenie

Prihláste sa k svojmu účtu. Ešte nemáte Libristo účet? Vytvorte si ho teraz!

 
povinné
povinné

Nemáte účet? Získajte výhody Libristo účtu!

Vďaka Libristo účtu budete mať všetko pod kontrolou.

Vytvoriť Libristo účet